Un estudo localiza a area perdida pola praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez
O goberno local do Concello de Sanxenxo dispón xa do estudo que conclúe que a area que perderon as praias de Lavapanos e A Carabuxeira atópase localizada nos fondos de catro zonas da contorna das praias.
Os técnicos que fixeron o estudo calculan que hai entre 18.000 e 24.000 metros cúbicos de area que se poderían utilizar na recuperación das praias.
O proxecto de rexeneración da Carabuxeira e Lavapanos contempla a achega de 24.000 metros cúbicos en dúas fases, unha primeira achega de 10.000 metros cúbicos e posteriormente o resto, pero ademais inclúe a construción de dous diques para evitar a súa futura perdida e un paseo marítimo entre estas praias.
O 80% da area localizada atópase en dúas zonas (as 2 e 3 no plano). Aínda que en principio o volume de area parece suficiente, se por algunha razón necesitásese un pouco máis se podería combinar con area de canteira que se depositaría na parte máis inferior de maneira que nunca entraría en contacto cos pés dos bañistas.
En calquera caso, para poder extraer esta area e depositala na Carabuxeira necesítase a autorización da Xefatura Provincial de Costas do Ministerio de Transición Ecolóxica. O próximo 11 de febreiro esta prevista unha reunión da comisión de traballo formada por Costas, Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Redacción |
-
Costas autoriza o proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Redacción |
-
A rexeneración da Carabuxeira está pendente de trámites en Costas e a Autoridade Portuaria
Por Redacción |
-
Expoñen tres opcións para devolver a area ás praias de Carabuxeira e Lavapanos
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo espera contratar este verán a un total de 70 socorristas e ata 20 sanitarios
Por Oskar Viéitez |
-
Termina sen avances o encontro da comisión de traballo para a rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |
-
Costas estudará dragar area da ría para rexenerar a praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Portugal non autoriza a saída da area que Sanxenxo quere para A Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |