Abre o prazo para participar na quinta edición do coworking de Barro
Por Oskar Viéitez
Con once proxectos de dezanove liderados por mulleres e unha firme aposta pola sustentabilidade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de clausurar "moi orgullosa" a cuarta edición do coworking de Barro, impulsado pola institución provincial e a Escola de Organización Industrial (EOI).
No acto, no que estiveron presentes o director de aceleración empresarial da EOI, Javier Benito, e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Carmela Silva enxalzou a importancia do optimismo, da colaboración e de "crer e amar o que facemos para sacar adiante os proxectos".
O acto, no que tamén actuou Kevin Weatherill, líder dos Immaculate Fools, xunto ao músico vilanovés Paco Charlín, serviu para escoitar ás persoas emprendedoras que deron a coñecer os seus proxectos vencellados, nesta cuarta edición do coworking, ás novas tecnoloxías, moda, cosmética, construción, gastronomía, márketing e comunicación, entre outras ramas.
O peche da cuarta edición do coworking de Barro vén tamén marcado pola apertura do prazo para participar xa na quinta edición do programa.
Así, a partir deste mércores, 29 de xaneiro, todas aquelas persoas emprendedoras da provincia interesadas en impulsar proxectos en fase temperá ou novas ideas empresariais poderán realizar xa as súas inscricións na nova edición do programa.
Relacionadas:
-
20 proxectos empresariais con presentación online abren o quinto Coworking da Deputación
Por Redacción |
-
A quinta edición do coworking de Barro comezará en abril e farase de maneira dixital
Por Redacción |
-
A Deputación inicia o proceso para trasladar o Parque de Maquinaria ao polígono de Barro e recuperar a Xunqueira de Alba
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Froiz consegue agrupar as parcelas para o seu novo centro loxístico no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |