Os bares da cidade anímanse coa chegada dunha nova edición de Cantos na Taberna
Por Cristina Saiz & Sara Iglesias
A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou a novena edición de 'Cantos na Taberna' xunto con Mar Fernández e Mirta Díaz, integrantes da asociación cultural Maravallada. "Cando volve xaneiro, comezamos a cantar", dixo a edil.
Cantos na Taberna é unha actividade que realízase todos os anos e que trata de que varios grupos da comarca de Pontevedra canten polas tabernas da cidade. Serán todos os venres de finais de mes, dende xaneiro ata maio en horario de 21:00 a 00:00.
Da Silva salientou que os Cantos na Taberna "non son actuacións musicais, sirven para animar á xente".
O primeiro grupo, Canto nas Croas, procedente de Salcedo, cantará o venres 31 de xaneiro na cafetería Milano de los Mares e no Barallocas. O 28 de febreiro tócalles a 'Madia Leva', grupo de Mosteiro de Meis que ademáis está integrado soamente por mulleres, nos bares Brasilia e O Salnés. A edil asegurou que "esta é unha boa novidade xa que tradicionalmente esta actividade era masculina".
En marzo, o día 27, na Navarra e na taberna As Reixas actuarán os cantareiros do grupo Os Escaravellos, procedentes de Beade. O 24 de abril vai ser na taberna Saudade e A Botica a cargo do grupo de Raxó Cae de Caixón. Para finalizar, o 28 de maio será o turno de Maravallada no bar Machuco e no Pavero.
Segundo afirmou Da Silva, "o obxectivo de Cantos na Taberna está conseguido. Conseguimos recuperar a costume que había de cantar nos bares". O 28 de febreiro, ao concidir co carnaval, haberá sorpresa por parte de Maravallada. Ao finalizar esta edición, o grupo que cante con máis entusiasmo recibirá como agasallo o libro Repertorio Tabernario de Luís Torres.
Pola súa banda, Mar Fernández asegurou que "a xente responde ben, é moi gratificante porque non segrega por idades" e destacou que a maioría dos integrantes dos grupos son xente maior, "pero últimamente únense grupos de rapaces de entre vinte e trinta anos e incluso hai pais que traen aos seus fillos" pequenos".