A Inspección de Traballo citará o representante de Nexia a vindeira semana para analizar responsabilidades
Por Anxo Lourido
José Manuel Rodríguez Fernández, un economista de Ourense, é o home que nestes momentos se convertou no interlocutor de Nexia Infraestructuras e a persoa á que a Inspección de Traballo citará para unha encontro cos representantes dos traballadores o vindeiro martes.
Este xoves, o representante da CIG Xaquín Agulla mantiña unha conversación con José María Casas de Ron, xefe da Inspección de Traballo, para analizar a situación económica e laboral desta empresa contratista de asfalto con sede na Ermida, Marcón.
Agulla apuntaba que o persoal, 70 traballadores, atópase moi inquieto #ante a actitude dos novos empresarios que, segundo entenden, non queren inxectar economicamente a Nexia para darlle liquidez. "Son uns subasteiros actuando de xeito carroñeiro", indicou o representante da CIG, que entende que os novos propietarios só buscan cubrir a retirada dos anteriores donos. " Ninguén compra unha empresa sen saber ou seu estado económico", afirma Agulla.
O sindicalista afirma que saída laboral para todo o persoal actualmente non hai e rexeita o argumento de que a metade dos traballadores desexen unha baixa voluntaria. Sinala que esa afirmación procede da empresa para tentar "aburrir" aos traballadores para que se marchen dun nun, actualmente parte deles atópanse de vacacións ata o mes de marzo. Agulla sinala que ningún empregado vai renunciar aos seus dereitos.
POIO INICIA OS TRÁMITES PARA RESCINDIR OS CONTRATOS CON NEXIA
A proposta, segundo informan desde o Concello, vai levarse á Xunta de Goberno Local o vindeiro martes e vai abrirse un prazo de dez días para que se presenten alegacións.
Os técnicos municipais realizarán unha evaluación das obras do novo vial da Caeira e da humanización da Seara. Despois vai volver sacarse a licitación os traballos pendentes nun breve prazo de tempo, segundo o goberno local.
A concellería de Obras ten previsto convocar durante a vindeira semana á veciñanza de Seara para explicarlles a stiuación e o atraso do proxecto debido exclusivamente aos problemas da empresa, segundo expón a concelleira de Obras e Servizos, Chelo Besada.
Relacionadas:
-
Afectados pola creba de Nexia: "Tomáronos o pelo e nolo seguen a tomar. Foi algo premeditado"
Por Alejandro Espiño |
-
A CIG reclama á Fiscalía que actúe de oficio no caso do peche da empresa Nexia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A circulación na Seara volverá a ser de sentido único mentres non se retoman as obras de humanización
Por Redacción |
-
O Concello convoca aos veciños da Seara para informar da situación da obra de Nexia
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra inicia o proceso de rescisión do contrato á empresa Nexia
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación en Poio pola paralización das obras na Seara e no novo vial da Caeira
Por Redacción |