Carmen Abeledo, nova presidenta da AECC de Pontevedra: "la Asociación te engancha"
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
María Josefa Crespo Amigo, máis coñecida como Marisé, presentou este venres o seu cese como presidenta da Xunta Provincial da Asociación Contra el Cáncer (AECC), que vai ser relevada por María del Carmen Abeledo Márquez. Segundo afirmou Crespo, "paso el testigo a María del Carmen, compañera y amiga que siempre he tenido ahí por su valía". Tamén asegurou que "no me voy a ir, permaneceré como voluntaria en la asociación. Llevo aquí casi 20 años y esto es un trabajo de día a día sin remuneración. Solo ayudamos al enfermo y a sus familiares. Esa es nuestra meta".
A ex presidenta fixo especial mención a consecución do obxectivo da implantación do cribado de cancro de colon, que se conseguiu durante o seu mandato. "Me costó muchos viajes y llamadas, pero acabó siendo un logro muy bonito ya que no solo fue para Pontevedra, sino para toda Galicia". Salientou o traballo das voluntarias, psicólogas e en xeral, todo o equipo profesional dos hospitais da provincia. Sobre a súa marcha, dixo que "María del Carmen lo hará mejor, la veo más capacitada". Dirixiuse a súa sucesora dicíndolle que "la asociación te va a dar más a ti de lo que tu le darás a ella. El corazón se te pone grande cuando ayudas a la gente".
Na súa intervención, María del Carmen manifestou que "la asociación tiene que estarle muy agradecida a Marisé. Nadie va a poder superar los logros que ha conseguido en estas dos décadas". A pesar de levar só un ano como voluntaria, Abeledo comeza esta nova etapa na presidencia "moi contenta" e asegurando que "la Asociación te engancha". Comeza con algúns cambios nos postos de dirección: o antigo secretario, Carlos Sahuquillo, pasa a ser vicepresidente, a tesoreira, Pilar Iglesias mantén o seu posto e como nova secretaria estará Virginia Álvarez "unha voluntaria moi activa e moi válida" asegurou Abeledo. Tamén quixo agradecer o traballo de Elena Pérez, unha das voluntarias máis antigas da Asociación. "Algo tiene que significar cuando una persona pasa cuarenta años siendo voluntaria", dixo sobre ela.
Na súa mente está o proxecto de crear un espazo de actividade física programado e personalizado, "algo parecido a un gimnasio", dixo a nova presidenta. Nos seus plans tamén entran o perfeccionamento dos obradoiros de vida saludable "pienso que es importante que los pacientes y familiares sepan autocuidarse", manifestou.
Pola súa banda, Marisé quixo salientar que a maioría de voluntarias son mulleres "en torno al 96%". Para finalizar, Abeledo remarcou que "es triste decirlo pero va con el género. Es también educacional, ver que un hombre cuide a sus padres es dificil. Para conseguirlo tienes que educar a tus hijos desde la niñez y harán lo mismo que llevamos haciendo las mujeres toda la vida".
María del Carmen Abeledo é coñecida en Pontevedra polo seu labor como coordinadora de enfermería no centro de saúde da Parda e pola organización de talleres de memoria e saúde. Ademais, foi unha das candidatas dos Premios Cidade de Pontevedra do ano 2019.