Ponte Caldelas aposta por repetir 'tractorada'
Por Redacción
O bo sabor de boca que deixou o pasado ano a 'Tractorada' de Ponte Caldelas motivará que a iniciativa goce de continuidade.
Así a segunda edición deste particular evento celebrarase o domingo 26 de abril, segundo confirmou o goberno local.
A reunión contará de novo cunha concentración de tractores na Alameda como punto forte, ademais dun roteiro polas rúas da vila, diferentes probas de habilidade e varios premios para os tractores.
Manterase tamén a exposición de tractores e maquinaria agrícola na Praza de España e o xantar de confraternidade para todos os tractoristas participantes.
Na súa primeira edición, en marzo de 2019, esta iniciativa nada como homenaxe a este vehículo e a todo o modo de vida rural contou con medio cento de vehículos.