Os fieis de San Brais, sorprendidos pola cancelación da procesión do santo
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
As festas na honra de San Brais, patrón da parroquia de Salcedo, comezaron o venres 31 organizadas pola Asociación Veciñal Salcedo Norte, con numerosas actividades como o campionato de chave, de petanca, pasarrúas e as tradicionais misas para honrar o santo. Neste luns, coincidindo coa festividade do santo, houbo pasarrúas durante a mañá a cargo do grupo de gaitas 'Os Alegres'. As 13:00 horas levouse a cabo a misa solemne na capela de San Brais. Para sorpresa dos feligreses, a procesión que segue a misa non se celebrou, segundo os veciños, como era habitual noutras edicións. Daránse dous misas máis pola tarde, ás 17:00 e as 18:00.
En Portas, a romaría estará amenizada polo grupo de gaitas 'Encantiños do Umia' pola mañá e 'Maquía' pola tarde. Durante a mañá, houbo dous misas rezadas e pola tarde, a cerimonia será ás 18:00. Ás 19:00 celebraráse unha misa cantada, seguida da procesión nocturna iluminada por candeas que porten os feligreses en homenaxe a San Brais. Ao finalizar a procesión, haberá unha chocolatada con música a cargo do grupo 'Maquía'.
Como novidade na parroquia, o próximo sábado 8 de febreiro engadiuse como día de festa, que comezará cunha gran tirada de fogos. Actuará durante todo o día a banda de gaitas 'Domingo Fontán' de Portas. A partir das 10:00 horas e ata as 19:00, celebraráse a primeira 'Feira de artesanía e productos artesanais' na subida a iglesia de Briallos. As 12:30 levarase cabo a misa cantada, seguida da procesión en honor o Santo e sesión vermouth amenizada polo mesmo grupo de gaitas. Ademáis, sortearase un cordeiro entre os fieis. Ás 19:30 comezará a verbena baixo a carpa o lado da igrexa, a cargo dos grupos Estrellas de Vilalba e o dúo Chic de Vilagarcía de Arousa. Para acabar o día, chocolatada e queimada gratuita para todos os asistentes.
Na cidade, a igrexa de San Bartolomeu acollerá unha misa en honor o santo ás 18:00 horas. Tamén en Pontevedra, a panadería Abelleira, continúa vendendo os tradicionais cornechos, o pan típico en forma de trenza que se bendice neste día.
Durante a fin de semana, levouse a cabo na parroquia marinense de Seixo a clásica bendición dos pans, sendo unha das tradicións máis arraigadas do lugar. A capela recibiu este ano a centos de devotos que acodiron a pedir os favores a este santo contra os males da gorxa. Ademáis, celebrouse a X Carreira do Truco, que reúne os amantes das andainas e do deporte en torno ao Viario de Praias.