RADIO.- Vives fóra da provincia? Podes ser protagonista de 'Ponte en el mapa'
Por Redacción
Por vontade propia, por circunstancias, por casualidade, por tantas causas pode ser que agora xa non residas na túa cidade de orixe!. En PontevedraViva Radio queremos coñecer a túa historia. Se es oriúndo da provincia de Pontevedra e resides fóra da mesma, interésasnos.
Por que cambiaches de residencia?, que fas?, atopaches o teu espazo ou crees que será algo temporal?, como é o lugar no que resides agora?. 'Ponte en el mapa' pretende poñer un nome pontevedrés na xeografía. Se é o teu caso, ou alguén coñecido quere compartilo, escríbenos un mail a info@pontevedraviva.com
'Ponte en el mapa' é así o primeiro do novos podcast que PontevedraViva Radio engade este ano 2020 á súa grella de programación e que podes seguir vía streaming os venres ás 20.00 horas; ou cando ti prefiras a través do correspondente podcast. Xa temos un primeiro pontevedrés que quixo contarnos como é a súa vida fóra desde fai seis anos... quen sabe se era o teu compañeiro de colexio e facía anos que lle perdías a pista!