Evacúan un condutor tras envorcar o seu vehículo en Barro
Por Redacción
Un condutor resultaba ferido ao redor das 17.00 horas deste luns no Concello de Barro. Un particular alertaba o servizo de Emerxencias 112 Galicia para indicar que se rexistrara un accidente na estrada de Valiñas e un home ferido atopábase no interior do vehículo que envorcara tras saírse da vía.
Ata o lugar desprazábase persoal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, os Bombeiros do Salnés, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil. Tamén se trasladou o aviso aos Bombeiros do Parque de Pontevedra, segundo indican desde o 112 Galicia.
Finalmente non foi necesario que se excarcerase á vítima, segundo indicaban os Bombeiros de Ribadumia, e o home ferido foi evacuado por técnicos sanitarios para trasladalo a un centro hospitalario.