A obra de teatro 'Una de 8' visita Pontevedra para concienciar sobre o cancro de mama metastásico
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
No dia mundial contra o cancro, a concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, e a vocal da Asociación de Cáncer de Mama Metastásico, Araceli Oubiña, presentaron a obra de teatro Una de 8, da compañía Dinamo Creación, que vai ser representada o próximo sábado 8 de febreiro ás 20:00 horas no Teatro Principal.
As entradas poden adquirirse en ataquilla.com a un prezo de 10 euros, e na taquilla do Teatro Principal o mesmo día por 14 euros. Todos os fondos irán destinados a Asociación de Cáncer de Mama Metastásico.
A obra xurdiu tras recoller os testimonios de corenta mulleres que sufriron cancro de mama e de aí saiu tamén o guión. A concelleira dixo que "todos tenemos la obligación de apoyar iniciativas como esta". En canto a finalidade da obra básase en "exteriorizar la voz de las mujeres que sufren esta enfermedad", afirmou a representante municipal.
A obra, a grandes rasgos, ambiéntase nunha consulta de oncoloxía a que acoden tres mulleres de diferentes ámbitos sociais, diagnosticadas con cancro de mama metastásico. O espectador poderá seguir a evolución de estas mulleres e a súa enfermidade desde a diagnose, o tratamento e as actitudes e maneiras de afrontar esta enfermidade de cada unha delas. "Muchas mujeres con cáncer de mama metastásico van a sentirse identificadas", afirmou Oubiña.
Castro remarcou que "desde esta concejalía de Benestar apoyamos esta obra y también a su productora, que ha tenido muy buena aceptación en las ciudades donde ya ha sido representada".
A ASOCIACIÓN DO CANCRO DE MAMA METASTÁSICO
Pola súa banda, Oubiña explicou cal é o cometido da asociación: "esta es la única asociación a nivel europeo llevada por pacientes de cáncer de mama metastásico". Foi creada en febreiro de 2018 por catocentas mulleres, pacientes deste tipo de cancro, co obxectivo de "dar visibilidad a esta enfermedad, porque no tiene solución", manifestou a vocal.
Un dos seus cometidos principais tamén é apoiar a investigación do cancro e donar os fondos que van recadando a este tipo de causas, xa que é "a única saída" segundo Oubiña. Das catrocentas mulleres que comezaron esta iniciativa, a metade faleceu, por iso Oubiña salientou que "esto no trata de ser una superwoman. La actitud positiva es importante, pero no lo es todo. La perspectiva heróica en cuanto al cáncer es perjudicial para la paciente, ya que si los tratamientos fallan sientes que has fracasado".
Esta entidade susténtase economicamente dos eventos que realizan e tamén da cuota anual que pagan os socios, que é de 20 euros por ano.
No ano 2019, donáronse case 50.000 euros ao proxecto Cronos-Hope, dirixido a ofrecer a pacientes con cancro de mama metastásico a oportunidade dun tratamento específico segundo as alteracións xenéticas detectadas no seu tumor.
Este plan lévase a cabo no Hospital Clínico de Barcelona en colaboración coa Fundación Actitud Contra el Cáncer. É, segundo Oubiña, "un trabajo en la clínica del paciente, no podemos permitirnos un proyecto de diez años porque no sabemos cuanto tiempo vamos a vivir".
Esta iniciativa comezou en xaneiro deste ano e vaise ir desenvolvendo ao longo de oito anos. Entre as características está o lanzamento dunha app móvil para que a paciente poida estar en continuo contacto co médico e coa asociación, para saber que opcións de tratamento posibles hai para cada caso, e para que as pacientes "conozcan su enfermedad y el tratamiento y que se empoderen de ello", dixo Oubiña.
Ademáis, a vocal da asociación quixo destacar a vulnerabilidade social á que estan expostas as mulleres que sofren esta enfermidade: "falta mucho por hacer. No existe orientación, necesitamos ayudas económicas que nos ayuden a sustentarnos, porque muchas de nosotras no podemos trabajar". Castro tamén salientou a necesidade de asesoramento das pacientes porque "no existe ningún tipo de guía cuando una mujer acaba el tratamiento".
Cada 90 minutos morre unha muller por cancro de mama metastásico en España. Para aquelas persoas que queiran interesarse por esta iniciativa, pode consultarse toda a información nas redes sociais da asociación, no seu instagram, a través do hashtag #MásInvestigaciónParaMásVida e tamén no seu correo cancerdemamametastasico@gmail.com.