Trinta rúas da cidade presentan tantos desperfectos que "dificilmente resistirían outro inverno"
Por Natalia Puga
O Concello de Pontevedra ten detectade a presenza de ata 30 rúas no municipio con tantas "deficiencias" e signos de "deterioro" no pavimento e as beirarrúas que "dificilmente resistirían outro inverno".
O concelleiro da área urbana e de accesibilidade, Luis Bará, deu conta destes "problemas" e doutros asociados ao desgaste habitual das vías e anunciou que un programa de obras de reparación, reforma e accesibilidade que estaría preparado para empezar a aplicarse en agosto, pero por cuestións de operatividade, comezará no seu groso en setembro e outubro, despois das festas de verán.
As actuacións manterán Pontevedra "en pé de obra", polo menos, ata o mes de decembro. A maioría das deficiencias poden ser atribuíbles á climatoloxia (as 30 rúas que non resistirían o inverno) e o resto ao desgate típico do paso do tempo. En todas elas, realizaranse reparacións en calzadas e beirarrúas e/ou repavimentacións.
Bará anunciou que nalgunhas como a avenida de Vigo xa se está a actuar porque se están a reconstruír beirarrúas e habilita tres pasos de peóns. Ademais, farase unha pavimentación dunha parte da rúa.
En canto as rúas cos pavimentos obsoletos que requiren unha intervención urxente antes da chegada do inverno, non se trata, na maioría dos casos, de problemas nunha rúa completa, senón en puntos puntuais ou pequenos treitos, de modo que o Concello, por cuestións presupostarios, tan só actuará nas zonas máis danadas.
Destas 30 rúas, o Concello considera que dez son "prioritarias" e xa está a traballar nos proxectos de Conde Bugallal, Eduardo Pondal, avenida de Bos Aires (dende a praia fluvial ata a rotonda de entrada ao barrio de Monte Porreiro), Santiña, Germán Adrio, Loureiro Crespo, a rotonda da Policía Local en Alexandre Bóveda ou todas as rúas que circundan á Subdelegación do Goberno. Ao rematar, irán acometendo o resto das obras.
Todas estas intervencións financiaranse con cargo aos 750.000 euros liberados na última modificación de crédito aprobada no Pleno da Corporación, pero Bará matizou que "non quere dicir que vaiamos gastalo todo, nin moito menos".