Poio deseña unha programación especial para o décimo aniversario de casa museo de Portosanto
Por Redacción
Casa Museo de Colón cumpre este ano o seu décimo aniversario e a concellería de Cultura prepara un amplo abanico de actividades para conmemorar esta efeméride. A galería atópase no lugar de Portosanto, na parroquia de Soutomaior, onde se atopaba a vivenda familiar do descubridor de América, segundo sostén a teoría do Colón galego.
O departamento municipal consencuará estas actividades cos diferentes colectivos que traballan no museo, promoven a teoría da orixe galega de Cristóbal Colón e organizan visitas e actividades neste edificio, que cada ano acolle a visita de centenares de persoas.
Ao longo do 2019, foron diversos colectivos os que mostraron o seu interese en coñecer os datos nos que se basea esta teoría. Con este obxectivo chegaron visitantes de Lugo, de Ponferrada, así como excursións de alumnos da UNED de Pontevedra,
Entre os atractivos que entraña este museo está unha réplica a tamaño natural da carta náutica debuxada polo navegante Juan da Cousa no ano 1.500. Trátase dunha recreación que data do 1892 elaborada con motivo do 400 aniversario do descubrimento de América. A exposición permanente complétase con contidos audiovisuais, paneis informativos e maquetas.