A Garda Civil confisca unha arma simulada a un individuo con antecedentes por atraco
Por Redacción
A Garda Civil interceptou na peaxe de Vilaboa a un veciño de Ponte Caldelas cando circulaba cunha pistola simulada escondida no vehículo. Trátase dunha simulación real dun arma tipo airsoft, lanzadora de proxectís.
Segun informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon este martes no transcurso dun punto de verificación de vehículos establecido por efectivos da patrulla de seguridade cidadá da Compañía da Garda Civil de Pontevedra na autoestrada AP-9, á altura da peaxe de Vilaboa.
Ao proceder ao rexistro dun dos vehículos interceptados os compoñentes do control localizaron escondida unha pistola simulada debaixo da alfombrilla do asento dianteiro do condutor. Trátase dunha réplica dunha arma curta, lanzadora de proxectís por aire comprimido, cuxa tenencia está prohibida na vía pública
Ao proceder á identificación dos ocupantes do vehículo púidose comprobar que o condutor do turismo era veciño de Ponteareas e tiña un amplo historial de antecedentes policiais, entre os que figuraba unha detención ilegal e o atraco a unha sucursal bancaria. Pola súa banda, o único acompañante, que resultou ser veciño de Pontevedra, tamén tiña antecedentes por delitos contra o patrimonio e tráfico de drogas.
A actuación da patrulla concluíu coa incautación da arma e levantouse unha acta denuncia ao condutor como suposto autor dunha infracción grave a Lei Orgánica 4/2015 de protección da seguridade cidadá, por portar, exhibir ou usar armas prohibidas na vía pública. O presunto infractor enfróntase unha sanción económica de 601 a 30.000 euros.