O TSXG propón reforzar a Audiencia Provincial con dous novos maxistrados e olvida un novo xulgado para Vilagarcía
Por Redacción
O pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou a súa proposta de creación de novos órganos xudiciais na comunidade galega para este ano, entre os que figura un reforzo da Audiencia Provincial de Pontevedra e un dos grandes ausentes é a posta en marcha dun novo xulgado en Vilagarcía de Arousa que reclaman desde hai tempo os traballadores e sindicatos.
En relación coa Audiencia Provincial, a proposta aprobada contempla a creación de dúas prazas de maxistrado nas seccións segunda e cuarta deste órgano xudicial, que teñen competencia penal e desde hai meses contan cun reforzo dun maxistrado cada unha, pero non cunha praza consolidada, senón en comisión de servizos.
A proposta da Sala de Goberno do TSXG está baseada, principalmente, nos números de entrada de asuntos que se rexistra nestes órganos xudiciais. En todas as xurisdicións ou seccións da Audiencia incluídas na listaxe supéranse amplamente os módulos de entrada establecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial e, na actualidade, case a totalidade están reforzados con comisións de servizo.
A decisión do TSXG non supón a creación automática das prazas, senón que a próxima reunión da Comisión Mixta (formada polo Tribunal Superior e a Xunta) tratará o asunto para tratar de buscar unha proposta conxunta que será a que se eleve ao Goberno central, @teniendo en cuenta as unidades que por parte do Ministerio de Xustiza estéase disposto a crear para esta anualidade na comunidade galega.
Tras coñecerse a decisión do TSXG, o sindicato Alternativas na Xustiza CUT criticou que na relación de novas unidades xudiciais non figure unha nova sala para Vilagarcía de Arousa, na que denuncian a situación de cargas de traballo do xulgado mixto número 2 de Vilagarcía.
O sindicato lembra que ao longo destes últimos anos, o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) propuxo medidas de reforzo para atallar as "inasumibles cargas de traballo" denunciadas por AXGG- CUT nos Xulgados de Vilagarcía mentres que a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, responsables directos dos xulgados de Vilagarcía, durante estes anos o único que fixeron foi "mirar para outro lado" e aceptar un "mínimo" das propostas do CGPJ para liquidar os problemas dos xulgados de Vilagarcía.