Aberto o prazo para inscribirse no primeiro doutorado do campus sobre cambio climático, enfermidades e retos educativos
Por Redacción
Este xoves ábrese o prazo para aquelas persoas interesadas en matricularse no doutoramento 'Creatividade e innovación social e sustentable' que se desenvolve no campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA S2i. A inscrición permanecerá aberta ata o luns 10 de febreiro.
Trátase do primeiro título no que coinciden todos os ensinos do campus ao redor da creatividade e da innovación. Baixo a idea de propiciar unha investigación orixinal e internacional, segundo explica a coordinadora do doutoramento Ana Belén Fernández.
O alumnado aprenderá a desenvolver proxectos de investigación tratando temas como a saúde; os recursos naturais; o deseño e a innovación social; comunicación; educación e gobernanza, centrándose en aspectos de actualidade como o cambio climático, as enfermidades ou os retos no sistema educativo.
140 docentes e investigadores tanto da Universidade de Vigo como doutras institucións nacionais e internacionais participarán neste programa para o que só se ofertan 20 prazas.
Pódese solicitar máis información a través do correo electrónico: xnposgraopo@uvigo.es ou formalizar a matrícula a través desta ligazón.
Relacionadas:
-
Protesta no campus contra a creación dunha universidade privada
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O Salón Edugal presentará as ofertas educativas máis inclusivas e sustentables na edición deste 2020
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Consello de Campus aborda a implantación da modalidade virtual de Dirección e Xestión Pública
Por Redacción |