A Rúa do Tombo xa está aberta ao tráfico e aos peóns
Por Redacción
A Rúa do Tombo estréase agora ca súa apertura total ao tráfico e aos peóns.
Este viario estivo cortado debido ás obras da segunda fase de humanización de Concepción Arenal, unha actuación primordial para a mellora da mobilidade e da seguridade viaria no corazón da vila marinense, que avanza a bo ritmo.
A Rúa do Tombo foi obxecto, a finais do ano pasado, dunha renovación total dos seus servizos e dunha mellora do reparto do espazo público.
As obras tamén afectaron ao tráfico rodado na Rúa Pitanxo, na que aínda haberá algunha restrición puntual, pero na que poden pasar os vehículos segundo as indicacións dos operarios de obra.
A apertura da Rúa do Tombo supón tamén unha facilidade máis de cara a aumentar os accesos á Avenida de Ourense namentres duren as obras en Concepción Arenal. Sumado a isto, a incorporación dunha nova beirarrúa na marxe esquerda, seguindo o sentido da marcha do tráfico rodado, permite que os peóns tamén poidan utilizar esa rúa, que conecta dúas das principais avenidas da vila.
A obra de renovación dos servizos e humanización na Rúa do Tombo executouse ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra da man da empresa Contrucciones Fechi. O custe global foi de 120.763 euros.
Relacionadas:
-
Marín dobra o espazo de xogos infantís no Parque Eguren e dignifica a rúa do Tombo
Por Redacción |
-
A Rúa do Tombo estrea imaxe trala súa reforma
Por Redacción |
-
Recta final das obras na rúas do Tombo e República Arxentina
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Marín prioriza o arranxo da Rúa do Tombo
Por Almu Dapena |