Teatro para sensibilizarse sobre o cancro
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra encheuse este sábado de solidariedade e conciencia sobre o cancro de mama metastásico, unha enfermidade incurable que padece unha de cada oito mulleres. Acolleu a función de teatro solidaria da obra ‘Una de 8’.
A obra de teatro, escrita e dirixida por María Lebrato (de Dinamo de Creación), estreouse en Pontevedra cunha función solidaria en favor da Asociación de Cancro de Mama Metastásico (ACMM).
A representación, realizada en colaboración coa Concellería de Benestar Social, ten o obxectivo de visibilizar a realidade destas mulleres e recadar fondos para proxectos de investigación e tratamentos neste eido.
Trátase dunha obra inspirada na testemuña de moitas mulleres que padecen ou padeceron cancro de mama metastásico que converteu o escenario do Teatro Principal nunha consulta de Oncoloxía na que coincidiron Ana, Belinda e Cefe, tres mulleres de diferentes ámbitos sociais que narraron as experiencias polas que tiveron que atravesar moitas mulleres con cancro de mama metastásico e tamén outros pacientes con cancro.
A obra xa se presentara cun enorme éxito de asistencia en diferentes cidades de España, como Sevilla, Barcelona ou Xerez, e en Pontevedra reeditou o resultado.