A reforma de Echegaray apura os últimos días
Por Redacción
As obras de reforma da rúa Echegaray que comezaron o pasado mes de xullo de 2019 entran xa na fase final esta semana. Aínda ten pendentes traballos de fresado e asfaltado da calzada, así como os últimos remates, e, para poder executalos, será necesario o peche ao tráfico de toda a rúa entre este luns e o venres 14.
O peche comezará ás 09.00 horas deste luns 10 de febreiro e rematará arredor das 19.30 horas do venres 14, pero cada día permanecerá aberto durante as horas da noite. Entre as 19.30 horas e ás 09.00 horas do día seguinte a rúa permanecerá aberta ao tráfico.
Os traballos rematarán coa apertura das canles de pluviais, unha vez fresada e asfaltada.
A reforma está financiada con cargo ás melloras ofertadas pola concesionaria do Ciclo da Auga, Viaqua, na sinatura do novo contrato e ten un custo de 696.064,21 euros.
A rúa estivo en obras os últimos sete meses para mellorar os servizos soterrados, especialmente o saneamento e abastecemento, e os espazos peonís. O saneamento cambiouse por ambas beirarúas; instaláronse 425 metros lineais de tubaxe, 28 pozos e 37 acometidas; e no abastecemento de auga substituíuse a rede na marxe dereita (de saída da cidade) e instaláronse 14 unidades de acometida.
Segundo a información facilitada polo Concello, tamén se reformaron as redes de pluviais por ambos lados ata completar 425 metros lineais, 23 pozos, 37 acometidas, e 26 sumidoiros; e procedeuse á substitución de toda a canalización eléctrica cunha lonxitude de 425 metros.
A reforma en superficie segue os mesmos estándares que o resto da cidade. Gáñase espazo para os peóns ampliando as beirarrúas, cun carril de estacionamento de servizo a ambos lados.
Relacionadas:
-
Todas as vivendas de Bora terán saneamento e abastecemento en 2022
Por Alejandro Espiño |
-
As obras de Echegaray rematarán en dez días
Por Manu Otero |
-
As obras de reforma da rúa Echegaray prolongaranse ata febreiro
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O martes pecha ao tráfico Echegaray e o mércores, Arcebispo Malvar
Por Redacción |
-
Información a condutores: a rúa Echegaray pechará durante o día a partir do luns
Por Redacción |
-
A reforma de Echegaray permite, segundo o alcalde, corrixir unha rúa "mal dimensionada"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
As obras de reforma da rúa Echegaray comezarán o próximo luns
Por Alejandro Espiño |