Fabiola García supervisa os traballos para converter a antiga Cámara Agraria de Moraña en centro social
Por Redacción
A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou nos últimos días as obras que se están a realizar na antiga Cámara Agraria de Alende, na parroquia de Santa Xusta, en Moraña, para crear un centro social e unha unidade pública de atención a persoas con Alzhéimer.
Fabiola García visitou as obras en compañía da alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, pois o proxecto é resultado dun convenio de colaboración asinado co Concello no que a Consellería inviste 200.000 euros.
Este novo centro acollerá o desenvolvemento de iniciativas sociais e da terceira idade, como eventos de envellecemento activo, encontros interxeracionais con participación da mocidade, accións de promoción da autonomía persoal ou actividades de prevención da dependencia, entre outras. Ademais, servirá para usos veciñais e reunións da zona.
O edificio, que mantén unha estrutura en pedra do país e conta con 217 metros cadrados de planta, estase a restaurar de xeito integral ao tempo que se habilitan distintas estancias no seu interior a través dunha intervención que respecta a fisionomía do inmoble. Así, dotarase dun amplo vestíbulo de acceso, almacén, despacho, dous aseos e unha sala xeral cunha superficie de 130 metros cadrados, todo elo sostido por grandes vigas de madeira de abeto.
Este centro social tamén acollerá unha unidade pública de atención ao Alzhéimer. A administración autonómica destinará máis de 22.000 euros a poñer en marcha este servizo terapéutico que estará dotado de dez prazas. Deste xeito, dáse resposta a unha das principais peticións realizadas pola alcaldesa á conselleira.
Relacionadas:
-
A Xunta autoriza a nova unidade de estimulación para persoas con alzhéimer de Moraña
Por Redacción |
-
En licitación o servizo da Unidade de Atención a Persoas con Alzheimer do Centro Social de Alende
Por Redacción |
-
Reanúdase a rehabilitación do Centro Social de Alende en Moraña
Por Redacción |
-
Moraña quere ter rematado en marzo o novo centro social de Alende
Por Redacción |
-
A apertura do centro social de Alende cunha unidade pública de alzhéimer, a principios de 2020
Por Redacción |
-
Moraña recupera o histórico edificio da cámara agraria de Alende
Por Redacción |
-
O centro social de Alende acollerá unha unidade de atención a persoas con alzhéimer
Por Redacción |
-
Proxectan a conversión de antiga cámara agraria de Alende en centro social
Por Redacción |