Concentración feminista para condenar os asasinatos machistas de Lugo e Granada
Por Redacción
O asasinato por violencia machista de dúas mulleres en Lugo e Granada durante esta fin de semana volve mobilizar ao feminismo pontevedrés. Ao igual que sucede despois de todo caso de violencia de xénero rexistrado en Galicia, o feminismo galego sae á rúa este luns e a cidade do Lérez súmase á convocatoria cunha concentración ás 20.00 horas.
A convocatoria será no lugar fixado nos últimos anos para as protestas feministas, a rúa Rosalía de Castro diante da Audiencia Provincial de Pontevedra.
O feminismo sae á rúa para condenar estas asasinatos baixo lemas xa habituais como 'Nin unha menos' ou 'Querémonos vivas'.
Tamén en Bueu o Concello organiza este luns unha concentración silenciosa en repulsa polo feminicidio de Lugo acontecido a pasada fin de semana. O acto terá lugar ás 20.00 horas diante do Concello.