Os cazadores instalan 200 refuxios nos montes de Pontevedra para criar coellos en liberdade
Por Manu Otero
"Non foi das peores, pero tampouco a mellor". É o resumo da recentemente finalizada tempada de caza menor que realiza o presidente de la sociedad de caza que opera en Pontevedra y Marín, Diego Romero. Un pobre balance constata que os coellos seguen en crise nos montes de Pontevedra. De pouco serven os esforzos do Tecor de Pontevedra, que solta cada ano un milleiro de individuos en diversos puntos de Salcedo, Figueirido, Lourizán, San Julián ou Santomé. Lugares nos que teñen repartidos máis de douscentos refuxios construídos por eles mesmos para facilitar o crecemento e cría dunha especie que non remonta. "En poucos anos deixará de haber coellos no monte", augura con tristeza o cazador.
Cada ano, ao finalizar a tempada e nos albores da primavera, chega o momento de iniciar a repoboación. Os cazadores do Tecor de Marín amontoan rocas que logo cobren con herba para soltar alí varios individuos novos. Nestes biótopos, que é o nome que reciben estes búnkeres cuxo perímetro e teito queda rodeado por unha rede para evitar a entrada de depredadores, estes lagomorfos dan os seus primeiros pasos en liberdade. "Imos cada dous ou tres días a darlles para comer e de beber, ilusiónasche cando ves que van crecendo pero de súpeto chegas un día e non queda nin un, desaparecen", relata o presidente do Tecor. A hemorraxia vírica acaba coas manadas en cuestión de horas, outras veces son os raposos, as jinetas ou as aves de presa as que logran romper as barreiras.
O custo que supón o mantemento de cada un destes biótopos rolda os 200 euros anuais, sen ter en conta a compra dos coellos (ao redor de 10 euros por individuo). "Financiámonos coa cota dos socios, non recibimos ningún tipo de axuda", quéixase Diego, cuxa asociación inviste máis de 12.000 euros ao ano en repoboar os montes de Pontevedra e Marín.
Aqueles poucos exemplares que conseguen chegar á idade adulta, tamén contan coa asistencia dos cazadores, que teñen repartidos por diversas zonas uns oasis libres de depredadores con auga e comida para que estas criaturas poidan alimentarse con tranquilidade.
Por se a fraxilidade destes animais e todos os deprededores que os axexan non fose suficiente, a caza furtiva súmase á infinita lista de ameazas que rodean a existencia dos coellos. Este ano, o Tecor tivo que contratar a un axente forestal para evitar a captura ilegal Foron varias as denuncias tramitadas ante o Seprona ao cazar in fraganti a estes delincuentes. "Impónselles unha sanción administrativa", explica o presidente, que tamén sanciona aos furtivos se pertence á asociación.
A pesar dos pobres resultados desta campaña de repoboación, os cazadores de Pontevedra non pensan renderse e están a negociar cos comuneiros de San Julián a adecuación dunha parcela no monte para a cría desta especie na que as medidas de seguridade e vixilancia serán aínda máis exhaustivas.
Outro dos efectos colaterais desta iniciativa redunda na prevención de incendios forestais. Nos meses de primavera e verán os biótopos están en plena ebulición polo que as patrullas dos cazadores polos montes son recorrentes. "Este ano demos máis de 80 avisos a Emexencias por posibles casos de incendios forestais", conclúe o presidente.
Relacionadas:
-
A Garda Civil intercepta na praia de Beluso un furtivo con 15 quilos de sepias
Por Redacción |
-
O xabaril, o abandono do monte e as enfermidades reducen as poboacións de coello
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Colectivos ecoloxistas esixen investigar a aparición dun lobo morto en Barro
Por Redacción |