O Concello mellora o acceso ao lugar de A Fraga de Arriba
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas está a mellorar os accesos á parte alta do lugar de A Fraga.
Para acceder ás vivendas desta zona había un tramo de curvas perigosas con moi pouca visibilidade, no que que se está a facer unha importante actuación.
Deste xeito, estase picando a parte rochosa para ensanchar o vial e, ao mesmo tempo, minimizar a curvatura, o que tamén implica unha mellora da visibilidade.
Estes traballos realízanse logo da petición veciñal e co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Os traballos comezaron a pasada semana coa limpeza das marxes e o inicio do picado das parede rochosa e o ensanchado.