Detidas dúas persoas ebrias en Poio por enfrontarse á Garda Civil
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil tivo dúas curiosas intervencións nas últimas horas no concello de Poio.
A primeira delas ocorreu ás 22.00 horas deste luns en Samieira. Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, os axentes foron requiridos diante da presenza dun home moi bébedo en metade da calzada que estaba "a dirixir o tráfico".
Ao comparecer no lugar dos feitos os gardas comprobaron que este home estaba en estado de embriaguez e que, co seu comportamento, estaba a crear unha situación de risco para o resto das persoas e para si mesmo.
Lonxe de desistir da súa actitude este individuo púxose moi violento cos axentes polo que acabou sendo detido, pasando a noite nos calabozos da comandancia ata que este martes foi trasladado ao xulgado de garda.
Por outra banda, ás 7.30 horas deste martes e tamén na parroquia de Samieira, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico detivo a outra persoa por desobediencia e atentado contra axentes da autoridade.
Segundo informaron desde a comandancia de Pontevedra, o detido conducía baixo os efectos do alcol polo que lle foi inmobilizado o vehículo. Con todo este individuo volveu poñerse ao volante do seu coche e tratou de marcharse do lugar aínda que o único que fixo foi saír da vía e meter o coche nunha leira.
Ademais proferiu insultos e ameazas contra os axentes aos que tratou de agredir.
Relacionadas:
-
A Garda Civil intercepta en Baión un camioneiro que levaba o cinto de seguridade atado cun plástico
Por Redacción |
-
Investigan un condutor en Caldas ao dar positivo en alcohol e drogas
Por Redacción |
-
Sancionan un condutor que levaba o coche cheo de cadros poñendo en risco a súa seguridade
Por Redacción |