Nova ronda de bacheados polo rural de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas realizou bacheados en diferentes estradas e camiños do rural nos últimos días.
Deste xeito, nos lugares de A Insua, Pazos, A Roca, Laxoso, Buchabade, Mirón, Vilarchán, Coveliño, Mirón-Contixe, Regodobargo e no Paseo de Manuel Cordo Boullosa (no casco urbán) fixéronse arranxos puntuais en camiños e viais que presentaban algún bache.
As peticións veciñais son clave para solucionar o antes posible os baches que poidan producirse nas diferentes vías de comunicación do municipio.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz comentou que no Concello sempre se intenta arranxar o desperfecto canto antes "pero tentamos agrupar as peticións para poder atender varias a un tempo, porque non é viable reparar un bache de cada vez", indicou.