Bará considera que as eleccións do 5 de abril poden significar a "liquidación política" do Partido Popular
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
O deputado do Parlamento Galego, Luis Bará, valorou este venres o seu paso polo Parlamento como "unha experiencia nova e de aprendizaxe". Bará manifestou que o BNG actuou como un partido sólido e afinado "a diferenza doutros", facendo un traballo de oposición crítica, esixente, contundente e formulando propostas con solidez, solvencia e rigor.
Con respecto ao goberno da Xunta, Bará valorouno como un goberno eficiente na propaganda e moi deficiente na xestión, debido a súa falta de acción. Considerouno como un "rotundo fracaso para a comarca de Pontevedra e para Galicia", sendo un goberno plano, sen ambición, sen ilusión, sen ideas nin impulso. "Estamos ante a peor lexislatura da autonomía en canto a balance de leis aprobadas, un síntoma claro da decadencia do goberno de Feijóo", manifestou Bará.
Criticou esta década de goberno debido a factores como o declive da demografía, a emigración xuvenil, os desequilibrios terrioriais que se acentúan no rural, que carece de medidas para protexelo, o incremento da precariedade laboral e o desmantelamento do sistema financieiro.
Ademais, quixo exemplificar a falta de ambición en materia de autogoberno, asegurando que nestes anos houbo un balance cero de transferencias. Xulgou ao actual presidente da Xunta afirmando que "traballou máis por desenvolver o seu currículo que por sacar a Galicia adiante".
Bará asegurou que o BNG é un partido en alza e moi reforzado de cara ás eleccións do 5 de abril, cunha Ana Pontón que representa o futuro de Galicia
En canto á comarca de Pontevedra, calificou o balance como "un suspenso claro. Este goberno foi como un mal estudante que deixou todo para o final e que non conseguiu o aprobado". Segundo Bará, a sanidade pública é unha das grandes asignaturas pendentes do goberno autonómico, asegurando que está a sufrir unha situación crítica.
O parlamentario criticou a parálise de máis de dez anos que afecta ao proxecto do Hospital Gran Montecelo e que "quedou nunha promesa". En materia de infraestruturas, reprobou a non construción da variante de Alba "quedando gardada nun caixón", e tamén as gravísimas deficiencias en materia de seguridade na rede de estradas da comarca, así como o ferrocarril, que quedou sen ningún tipo de melloras.
O mal estado das rías galegas tamén foi tema de crítica, poñendo de exemplo o proxecto da dragaxe do río Lérez, que tampouco se realizou.
Sobre as eleccións do próximo 5 de abril, asegurou que o BNG é un partido en alza e moi reforzado, con Ana Pontón como unha candidata que representa o futuro de Galicia e que a súa vitoria nas eleccións transformaría a historia, converténdose na primeira presidenta da autonomía. Ademáis, manifestou que estas eleccións poden significar a "liquidación política do Partido Popular".
Para finalizar, mantivo que se segue a postular como candidato para o Parlamento Galego, e que a súa elección depende da organización nacionalista.