Cuntis inicia unha campaña para eliminar árbores pirófitas das marxes da N-640
Por Redacción
A consellería do Medio Rural iniciou hai uns días o proceso de notificación aos propietarios de arboredo nas parcelas lindeiras á N-640 ao seu paso por Cuntis que incumpren as distancias mínimas que marcan a lei sobre prevención e defensa contra os incendios. Avisos que foron enviados tanto por correo como a través de carteis situados nas propias árbores.
A lei establece que se deben eliminar os eucaliptos, piñeiros e acacias situados a menos de 10 metros do dominio público. Os afectados dispoñen dun mes de prazo para corrixir estes problemas antes de que o persoal do distrito forestal actúe de oficio e levante acta do seu labor.
As sancións oscilarán entre os 100 e 1.000 euros para as infraccións leves e de 1.001 a 100.000 euros, para as graves