Chocolatada solidaria a prol da loita contra o cancro infantil
Por Redacción
O evento celebraráse este sábado 15 de febreiro a partir das 19:30 horas na Praza do Concello en Campo Lameiro co fin de recadar fondos para impulsar programas na detección e loita contra o cancro infantil.
A Chocolatada Solidaria, organizada pola ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño en colaboración co Concello, terá como padriños a Lito Garrido, maís coñecido como "Lito da Panorama" e a cantante Pili Pampín, que xunto aos concertos de bandas como "Bétula Péndula" ou a Banda de Música de Campo Lameiro e a presenza dos bonecos da factoría Disney, axudarán a amenizar o evento. A xornada solidaria pecharase coa música programada polos dj´s Jorge Álvarez e Skandal.
Os asistentes poderán colaborar coa causa a través das consumicións e de varios sorteos de productos galegos. Ademáis, procederase á subasta dun "chaise longue" a través da páxina de Facebook da ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño con fin de recaudar fondos para os proxectos na detección do cancro.