A familia dos gansos do Nilo, de paseo cara o Gafos facendo uso do paso de peóns
Por Redacción
Unha vez máis, a familia gansa exhibiuse polas rúas de Pontevedra. No mediodía deste venres 14, a parella adulta de gansos do Nilo decidía darse un paseo pola cidade acompañada polas súas cinco crías.
Segundo testemuñas presenciais, estes coñecidos tamén como gansos exipcios aniñan nun edificio situado na contorna da sede de Afundación e este venres os sete compoñentes saltaban desde a terraza do inmoble no que habitan nos arredores da praza de San Xosé. Unha vez na beirarrúa comezaron a camiñar en dirección ao río Gafos ao seu paso por Campolongo.
A imaxe sorprendeu a numerosos peóns que comezaron a realizar fotografías e vídeos ao comprobar que a familia de gansos do Nilo cruzaban respectando os pasos de peóns da praza de Galicia ata chegar á contorna do colexio.
Relacionadas:
-
'Escolta segura' para que unha familia de patos chegue a salvo ata o río Lérez
Por Redacción |
-
Negocian o traslado dos gansos do Nilo a un centro ornitolóxico para evitar a súa "eutanasia"
Por Redacción |
-
Pontevedra decláralle a guerra aos gansos do Nilo
Por Redacción |
-
Unha vertedura de gasóleo chega ao Gafos procedente do polígono do Campiño
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os gansos do Nilo pasean por Pontevedra para amosar a cidade ás súas novas crías
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- A familia gansa sae de paseo
Por Redacción |
-
Volveu pasar: os gansos saen pasear por Benito Corbal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Unha familia de gansos revoluciona Benito Corbal
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |