Caldas só adoptará o GES de Valga se o financian os concellos da Mancomunidade do Ulla-Umia
Por Redacción
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valga leva dous meses inactivo e o Concello de Caldas xa mostrou o seu presdisposición para converterse no seu novo anfitrión. Sobre este asunto, o goberno local acaba de enviar unha carta ao vicepresidente da Xunta na que propoñen que ao tratarse dun servizo do que se benefician varios municipios, todos deben axudar na xestión e custos derivados do mesmo. Con esta premisa solicitan que sexa a Mancomunidade do Ulla e Umia a que asuma o control deste corpo.
Esta saída non só permitiría reactivar un servizo que leva meses inactivo, senón que constituiría tamén unha oportunidade para reactivar a propia mancomunidade e estendería o radio de actuación do GES a municipios como Moraña, que anteriormente estaba excluído.
A proposta lanzada Caldas de Reis é secundada pola Deputación de Pontevedra e a FEGAMP. O alcalde, Juan Manuel Rey, defende que o servizo sexa cofinanciado por todos o beneficiados pero que a base debería atoparse no municipio termal por ser a cabeceira da comarca e porque ningún outro concello da zona quixo asumir por se só esta competencia.
Relacionadas:
-
Os alcaldes do PP piden á Deputación que apoie a creación dos GES en Moraña e A Lama
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O alcalde de Caldas arremete contra a Xunta tras a sentenza que obriga a Valga a readmitir o persoal do GES
Por Redacción |
-
Moraña acepta a proposta da Xunta e será a nova sede do GES para a comarca do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
"Sorpresa maiúscula" na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Campos di que "a Xunta utiliza as emerxencias como un xoguete político"
Por Redacción |
-
Moraña ofrécese a acoller o GES do Ulla-Umia despois da renuncia de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas rexeita polo momento acoller o GES de Valga ante as "dúbidas" sobre o seu traslado
Por Redacción |
-
Carmela Silva acusa a Rueda de denegar o GES ao Grove porque o alcalde é socialista
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O GES de Valga vaise reubicar en Caldas de Reis
Por Redacción |