Rocío Cochón, do PP de Poio, demanda ao goberno local que saque adiante un novo PXOM
Por Redacción
Rocío Cochón, concelleira do PP de Poio, reclama ao goberno local tripartito avances na elaboración do PXOM. Sinala que no últimos oito meses, desde a investidura, a solución dos problemas urbanísticos continúan sen ser unha prioridade para o goberno que lidera Luciano Sobral.
Neste sentido, afirma que a modificación do Plan Xeral leva 10 anos sen que saia adiante e ocasionou un gasto ás arcas municipais de 400.000 euros. Indica que esta situación provocou a perda de subvencións, custos en procedementos xudiciais por ocupación ilegal de parcelas e a perda tamén de oportunidades de instalación de empresas ou de nova poboación no municipio.
Sinala que as empresas que consultaron ao Concello para instalarse en terreos xunto á PO-308, desistiron nas súas propostas por non haber un PXOM adaptado.
O PP volverá presentar unha moción para axilizar a tramitación da novo PXOM, publicar a documentación e sometela a participación cidadá. Lembra que cun novo Plan Xeral poderíanse crear prazas de aparcamento e novos equipamentos, ademais de resolver cuestións urbanísticos actuais.