Vaipolorío limpa as ramaxes atrancadas nos ollos de dúas pontes no Gafos
Por Redacción
Persoal voluntario da asociación ecoloxista Vaipolorío desenvolvía durante este sábado 16 tarefas de limpeza no río dos Gafos.
Os integrantes do colectivo retiraron árbores que caeran sobre o sendeiro e tamén limparon os ollos das pontes ao longo dun tramo do tamén coñecido como río Tomeza.
Estes traballos inclúense dentro das diversas actividades que realiza esta asociación. Con certa frecuencia executan estas tarefas de limpeza co obxectivo de que se poidan realizar paseos polo sendeiro.
Con estes traballos tamén se consegue que as crecidas queden minimizadas ao retirar a ramaxe que queda atrancado na zona das pontes.
Relacionadas:
-
Alumnado do Centro agroforestal de Lourizán colabora con Vaipolorío na mellora da contorna do Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Vaipolorío retoma a limpeza dos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan a canle dos Gafos para deseñar xa propostas concretas para destapar o río
Por Redacción |
-
Unha vertedura de gasóleo chega ao Gafos procedente do polígono do Campiño
Por Redacción |
-
Vaipolorío precisa axuda para limpar de árbores caídas ao río Tomeza
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- A "enésima" fuga do sumidoiro do Marco
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío chama o voluntariado ecoloxista para retirar as pólas desprendidas no sendeiro do Gafos
Por Redacción |