A Fiscalía pide once anos de prisión para un home acusado de dirixir e coordinar unha banda plurinacional de narcotraficantes
Por Redacción
A Sección cuarta da Audiencia de Pontevedra sinalou para este martes día 18 un xuízo polos delitos de integración en grupo criminal e contra a saúde pública.
Un home enfróntase a once anos de prisión por, presuntamente, dirixir e coordinar unha organización dedicada ao tráfico de drogas.
O acusado é Lui Volina e foi detido pola Policía Local de Caldas en xaneiro de 2019 cando se atopaba en situación de busca e captura.
Segundo a Fiscalía un grupo plurinacional de narcotraficantes estaba "baixo a dirección e coordinación do suxeito estranxeiro identificado como Lui Volina". Os integrantes desa banda foron condenados en sentenza firme da Audiencia provincial de Pontevedra do 16 de febreiro de 2017.
Agora a Fiscalía pide para este home, por delito de integración en grupo criminal, dous anos de prisión e polo delito de tráfico de drogas, unha pena de nove anos de prisión, así como unha multa de 860.062 euros, con aplicación das previsións sobre responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento.
Relacionadas:
-
Menos de 6 anos de prisión para Lui Volina, que recoñece ser narcotraficante e liderar un grupo criminal desde Caldas
Por Anxo Lourido |
-
A Audiencia apraza o xuízo contra un home acusado de dirixir unha banda de narcotraficantes
Por Oskar Viéitez |
-
Multa dun millón de euros e 34 anos de prisión para un grupo plurinacional de narcotraficantes
Por Natalia Puga |