Queres saber onde estarán os radares da policía local en Vilagarcía esta semana?
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía instalará de forma aleatoria un radar en rúas urbanas e tamén das parroquias do municipio nas que se rexistran máis altos índices de perigo.
A instalación de radares realízase dentro dunha campaña de prevención e de seguridade viaria. Entre o luns 17 e o domingo 23 de febreiro, someteranse a controis de velocidade as seguintes rúas: Avenida de Víctor Pita, Vilar de Bamio, Outeiro de Bamio, San Xoán de Bamio, Avenida de Rubiáns, Avenida de Cornazo, Rúa Arealonga, Valle Inclán, Valentin Viqueira (Carril), Avenida de Vilanova e Os Martices (Cea).
O radar móbil, segundo informa a Policía Local, instalarase de forma aleatoria e en diferentes horarios nestes puntos que son os que estatisticamente presentan un maior risco de sufrir excesos de velocidade e, por tanto, un maior perigo circulatorio tanto para os vehículos como para os peóns.