Ordenan obras de emerxencia no edificio dos Soportais que foi acordoado
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal ordenaou a realización de obras de emerxencia nun edificio en ruínas nos Soportais da Ferrería, despois de que recentemente se produciran desprendementos na fachada que obrigaron a acordoar a zona.
Anabel Gulías explicou que estes traballos terán un custo de 5.503 euros e, unha vez realizados, a factura pasarase aos seus propietarios.
Esta actuación parte do informe realizado polos Bombeiros e a Policía Local que acudiron ao lugar para retirar a madeira da fachada ao apreciar risco de que caese completamente.
As obras de emerxencia executaraas a empresa ACEVI e desde o servizo de Urbanismo poñeranse en contacto cos titulares do inmoble que, desde hai anos, ten licenza para a súa rehabilitación. A pesar diso, esta actuación parece estar paralizada.
Ademais, a Xunta de Goberno tamén autorizou unha nova cesión por cinco anos do local municipal que emprega o Centro Comercial Zona Monumental na rúa Serra.
O Concello tamén prorrogou o contrato con Xoán XXIII para arrombar xardíns na cidade por 29.463 euros e autorizou a prórroga para que a empresa que xestiona o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) continúe un ano máis, por 23.716 euros.