Ponte Caldelas busca o envellecemento activo dos seus maiores
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas busca un envellecemento activo para os seus habitantes de maior idade coa posta en marcha do programa "Ponte en movemento". O plan, que xa conta con 35 participantes, realizase no Ximnasio 'Xparta' do municipio e presenta como novidade de este ano a súa apertura aos cidadáns maiores de 59 anos.
As actividades, dispoñibles por 10 euros ao mes para os empadroados no municipio, constan da asistencia a dúas clases semanais de ximnasia de mantemento, ademáis do libre acceso as máquinas do recinto, todo baixo a supervisión dun entrenador. As clases impártense os martes e xoves das 11:00 as 11:45 horas e precisan, ademáis do cumplimento dos requisitos de idade e empadroamento, a presentación dun informa médico para coñecer as necesidades e problemas específicos de cada participante.