O saneamento da rúa da Costa, pendente dos últimos retoques e do control de calidade
Por Redacción
As obras de renovación da rede de saneamento da rúa da Costa de Marín para instalar a canalización separativa están xa tan só pendentes dos últimos retoques e do control de calidade.
Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, está previsto que os traballos poidan finalizar esta mesma semana.
Esta actuación prolonga o proxecto de renovación do saneamento e da pavimentación que xa se iniciou en xaneiro do 2015. Con esta ampliación, cubrirase o tramo que quedara sen acometer e acadarase o desaugadoiro de pluviais do CEP San Narciso.
O obxectivo final é o de reducir a carga de caudal que chega ata o colector da Rúa da Costa, mellorando así substancialmente a xestión do saneamento desta zona.
O orzamento total da actuación ascendeu a 39.960,88 euros.