Dúas persoas, feridas ao envorcar o seu vehículo cando circulaba na parroquia de Nantes en Sanxenxo
Por Redacción
Ás 22.00 horas deste luns 17 de febreiro, un turismo envorcaba no lugar de Seixomil, na parroquia de Nantes, pertencente ao municipio de Sanxenxo. No vehículo viaxaban dúas persoas e, por razóns que se investigan, saía da vía.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do accidente ao servizo de Emerxencias 112 Galicia e desde este centro pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao parque de Bombeiros de Ribadumia, á Policía Local e ao GES de Sanxenxo.
Desde o GES de Sanxenxo intervíñase utilizando o equipo de excarceración para rescatar aos ocupantes. Ambos foron retirados do interior do turismo por un lateral. A muller, que viaxaba no posto de copiloto, foi trasladada a un centro hospitalario para realizar unha exploración das feridas, segundo informan desde o Grupo de Emerxencias de Sanxenxo.