Benestar Social presenta unha guía para corrixir condutas machistas
Por Manu Otero
"En Pontevedra sementamos igualdade". É o título da guía editada polo Concello de Pontevedra coa que se inicia a programación dos actos do 8- M, o Día Internacional da Muller, que ten como obxectivo combater condutas machistas en todos os ámbitos da sociedade. A tirada inicial é de 5.000 exemplares e os libros repartiranse en colexios, sedes de asociacións veciñais e demais colectivos sociais. "É para toda a cidadanía", asegurou a concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, durante a presentación da campaña.
"Vivimos nunha sociedade machista e violenta, recibimos inputs diarios de non á violencia nin aos asasinatos, pero fáltanos saber como evitar isto", expón a autora do libro, Llerena Perozo. Na súa obra, a escritora reúne toda clase de consellos aptos para calquera situación da vida: no fogar, no colexio, no traballo, cos amigos, na internet ou nas redes sociais. "Son tips para explicar como actuar non noso día a día", engade Perozo.
No interior desta guía, o lector pode atoparse cunha definición igualdade e unha explicación sobre as razóns polas que a sociedade aínda non é igualitaria. A continuación recóllese un amplo abanico de recomendacións para fomentar este principio en todos os aspectos da sociedade. Tamén están incluídos consellos para que a comunicación e a linguaxe sexa inclusivo, así como unha explicación dos motivos polos que é necesario desterrar o amor romántico e unha definición de como non ser un machista.
O segundo capítulo da obra está dedicado á violencia machista e inclúe definicións, tipos de violencia machista, como actuar contra elas, dereitos das vítimas, a violencia machista entre a mocidade e, finalmente, un test para saber como ama cada persoa.
"Non é para as mulleres, é para todas e todos os pontevedreses", concluíu a autora dunha guía que xa editaron outros concellos.
Relacionadas:
-
"Dor e rabia" pola segunda vítima mortal da violencia machista do ano en Galicia
Por Natalia Puga |
-
Concentración feminista para condenar os asasinatos machistas de Lugo e Granada
Por Redacción |
-
A Subdelegación volve convocar a mesa de violencia machista para fomentar a prevención
Por Redacción |
-
Os xuíces propoñen reforzar o xulgado de garda e crear a oficina de atención ás vítimas
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |