Cerponzóns terá unha réplica do miliario de Magnencio
Por Oskar Viéitez
A parroquia de Cerponzóns enriquecerá o seu patrimonio coa réplica do miliario de Magnencio que no ano 350 sinalaba o paso da vía XIX e XX, de Bracara a Asturica, no tramo entre Turoqua (Pontevedra) e Aquis Celenis (Caldas de Reis).
Aquel miliario foi descuberto no ano 1903 e agora a Deputacion de Pontevedra, a través dun convenio, aprobou a petición da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns encargando a Ángel Ramón Torres da Escola de Cantería a realización dunha réplica deste miliario.
A peza de granito se instalará no lugar de Leborei, dirección o lugar de O Castrado, por donde transcurre o Camiño Portugués, e onde se cre que estaría colocado no ano 350.
Ten a seguinte inscrición "Dedicado a nuestro señor Magno Magnencio, pío, feliz, augusto, nacido para el bien de la res pública".
Tratábase dunha peza de gran grosor en forma cilíndrica que na sua parte posterior mostra un burato en forma de círculo que se relaciona con algunha utilidade que lle deron os propietarios da finca donde se encontrou.
Foi descuberto a finais do século XIX, por Enrique López de la Ballina, servíu de columna nun alpendre da granxa do párroco de Cerponzóns, Francisco F. Prada, que logo pasou á familia Osorio Galos.
O ingreso do Miliario de Magnencio no Museo de Pontevedra, data do 31/12/1938, procedente da Sociedad Arqueológica de Pontevedra. Actualmente atópase na Sala de Miliarios do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
"Welcome to the millenial parish of Cerponzóns"
Por Redacción |
-
Cerponzóns non renuncia á celebración dos maios e farao a través das redes sociais
Por Redacción |
-
Máis de catro días á espera de que retiren o corpo dun xabaril na N-550 á altura de Cerponzóns
Por Redacción |
-
Cerponzóns apoia o toque de campanas manual coma patrimonio inmaterial da humanidade
Por Redacción |
-
Cerponzóns 'ponse a mil' cun libro e un documental sobre a súa historia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |