Detido o sospeitoso de roubar un móbil a un menor en Poio
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo na tarde do luns a un veciño do municipio, que responde as iniciais A. J. G., como presunto responsable dun roubo con intimidación perpetrado o pasado 11 de febreiro nas inmediacións da avenida da Barca. A vítima foi un menor a quen lle foi subtraído o seu teléfono móbil.
No momento no que se produciron estes feitos, o mozo ía camiñando só cando ao chegar á altura do cruzamento entre as rúas Peirao e a avenida, foi interceptado polo detido que aproveitou a súa superioridade física para quitarlle o dispositivo.
Posteriormente, o menor e o seu pai proporcionaron ás autoridades unha descrición do asaltante que serviu para localizalo ese mesmo día. Segundo os investigadores, trátase dun home de 20 anos que conta cun amplo historial delituoso por este tipo de asaltos.
As dilixencias xa foron trasladadas ao Xulgado correspondente para que se abra o procedemento penal.
Relacionadas:
-
Interceptan en Poio dous condutores co permiso caducado ou sen puntos
Por Redacción |
-
Dáse á fuga tras impactar contra outro vehículo en Poio pero deixa atrás a matrícula
Por Redacción |
-
Poio é o único Concello da provincia con axente titor da Policía Local para atender conflitos de menores
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio inicia unha campaña de control sobre o transporte escolar
Por Redacción |