Unha nova área de estacionamiento amplía a capacidade do casco urbano en Caldas
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis habilita unha nova área de estacionamento gratuíto para vehículos no casco urbano co fin de promover unha mobilidade máis eficiente e sostible. Como sinalou o alcalde, Juan Manuel Rey "a utilización desta nova superficie resulta de gran comodidade para acudir aos xulgados e ao centro médico, está moi preto do centro e libera espazo para os visitantes ocasionais".
Este novo aparcadorio, situado na parte final da rúa Paredes Pasionistas, obedece as directrices que marcanse no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) en materia de aparcamento en prol de que aumente a calidade da mobilidade. Este documento estratéxico propón a creación de bolsas de estacionamento gratuítas para aliviar as zonas con maior conxestión nas rúas do casco vello.
Dita área, con capacidade para 100 automóbiles como máximo, foi creada grazas á cesión temporal do terreo por parte dun veciño do municipio a través de xestións realizadas dende o Concello.
Juan Manuel Rey puxo en valor esta iniciativa explicando que "o aparcamento constitúe un elemento básico que condiciona moito a mobilidade en vehículo privado" e anunciou que "avanzar nunha mobilidade urbana máis eficiente e respectuosa coas persoas e o medio ambiente é unha das apostas do Goberno municipal".