Sanxenxo acollerá un congreso de psicoloxía deportiva e outro de artes marciais
Por Redacción
Sanxenxo acollerá un congreso de psicoloxía deportiva e outro de artes marciais.
O próximo 6 de marzo, no Pazo Emilia Pardo Bazán, terá lugar o I Congreso de Psicoloxía Deportiva.
A xornada, que se desenvolverá de 19 a 22 horas terá como relatoras a Joaquin Dosil (psicólogo deportivo do Real Club Celta de Vigo, a Javier Dezagoire (Neuropsicólogo da Academia de Tenis David Ferrer e a Miguel Díaz (Coaching de Piscología Deportiva de Alto Rendemento). A entrada será gratuíta.
ARTES MARCIAIS
Será o próximo 14 de marzo cando o pavillón municipal de Baltar acolla o I Congreso de Artes Marciais.
Un congreso formado por talleres prácticos, de inscrición gratuíta, que comezará ás 10.00 horas cun taller de Antonio García, de defensa persoal e policial. Ás 11.30 horas será a quenda de Manuel Vázquez, cunha clase práctica de defensa persoal Street trainers. Xa pola tarde, ás 16.30 Boxeo e Kick Boxing (de 12 a 15 anos) con Miguel Diaz, e pecharán este congreso Miguel Díaz e Nerea García cunha clase práctica de defensa persoal feminina.