Deteñen un home que tratou de estafar varias persoas ofrecéndolles traballo
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dun home de 36 anos de idade natural de León, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de estafa no que ofertaba un traballo nunhas obras ferroviarias entre Vilagarcía e Catoira e o furto dunha cazadora valorada en mil euros.
Os feitos sucederon este luns día 22 de xullo sobre as 22.20 horas cando axentes da Comisaría Provincial, que levaban a cabo labores de prevención da Seguridade Cidadá, procederon á identificación dun home de 36 anos quen ao comprobar os seus datos constataron que lle constaban tres ordes de Búsqueda, Detención e Personación polos Xulgados de Salamanca, León, Ponferrada e Vic, respectivamente, motivadas por furto e falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís, e delito contra o patrimonio, polo que se procedeu á súa detención.
Ao mesmo tempo presentáronse en dependencias policiais dous veciños de Pontevedra que denunciaban a este individuo por un delito de estafa.
Ofrecía traballos por una duración de seis meses remunerados con 1.100 euros
Este individuo presentouse nun establecemento hostaleiro propiedade dun dos denunciantes e declarouse encargado de obras, ofrecéndolle un traballo nas obras da vía entre Vilagarcía e Catoira, por unha duración de seis meses remunerado con 1.100 euros, ademais de extras, polo que tería que realizar un curso de aprendizaxe de catro horas antes de ser contratado e que custaba 120 euros.
O denunciante quedou con este individuo ao día seguinte aboándolle a devandita cantidade para poder traballar, se ben ata o día de hoxe non volveu saber nada sobre esa persoa sendo imposible a súa localización.
O segundo denunciante alertaba do mesmo "modus operandi" levado cabo por este individuo, se ben no seu caso se negou a aboar os 120 euros para o suposto curso.
Tamén se fixo pasar por representante dunha coñecida marca de bebidas para celebrar eventos
Ao parecer intentara estafar varias persoas, coñecidos do denunciante, ofrecendo contratos de traballo ficticios, non só para traballar en obras senón facéndose pasar por representante dunha coñecida marca de bebidas para celebrar eventos en distintos establecementos de copas da cidade. A este último ademais subtraeulle unha cazadora valorada en mil euros que foi recuperada e entregada polos axentes ao seu propietario.
Por todo iso os axentes detivérono por un delito de estafa e polo furto da roupa ademais do furto de xoias e falsificación documental polo que estaba identificado pola Policía Autónoma de Vic (Barcelona).
O detido foi posto a disposición da Autoridade Xudicial na mañá deste martes.