A Xunta convoca os afectados das obras da PO-551
Os veciños titulares das situadas nos termos municipais de Bueu e Marín deberán visitar os seus respectivos concellos con motivo das futuras obras que se realizarán nas estradas adxacentes aos terreos. Os bueuenses están citados para o día 26 de marzo mentres que os marinenses farano o 27 dese mesmo mes.
A Xunta realizou esta convocatoria con motivo das actuacións para a mellora da seguridade viaria de Galicia 2016-2020, pertencente ao marco de estratexia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que xa conta cun investimento de 1,2 millón de euros. O obxectivo destas obras é reforzar a seguridade nos puntos negros da carretera e disminuir o número de accidentes producidos na zona.
Entre as actuacións destacan a construción de dúas glorietas na zona de Lapamán e Agrelo en Bueu e a mellora dunha intersección no Concello de Marín. A intervención tamén conta coa execución dunha senda que dará continuidade ata o acceso á praia de Lapamán. Ademais, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns nas parroquias de Cela e Bueu, con semáforos con pulsador en dous deles e sinalización luminosas para os demais.