Máis de 2 millóns de euros para proxectos que dinamicen a contorna da ría
Por Redacción
O GALP Ría de Pontevedra está a levar a cabo talleres de asesoramento nos concellos da súa área de influencia destinados ás persoas solicitantes das axudas para proxectos relacionados co mar. Nas sesións analízanse os proxectos que poden recibir estas axudas así como os pasos a seguir para converter en realidade unha idea de negocio.
Cada concello da contorna da ría de Pontevedra acolle unha destas xornadas en horario de mañá e tarde, tanto para asesorar a proxectos produtivos como non produtivos. As dos concellos de Marín, Bueu e Meaño xa tiveron lugar. A do Concello de Sanxenxo é este xoves, 20 de febreiro, e a do Concello de Poio o venres, 21 de febreiro.
Pontevedra acollerá a última destas xornadas o vindeiro luns 24 de febreiro. A actividade levarase a cabo no Local da confraría en horario de 10:00 a 12:00 horas para os proxectos non produtivos e de 18:00 a 20:00 horas para os produtivos.
Cómpre recalcar que no Concello de Pontevedra só poden ser beneficiarios das axudas aquelas persoas ou entidades relacionadas directamente coa pesca e a comercialización dos produtos pesqueiros, acuícolas e marisqueiros.
Nos talleres abórdanse cuestións xerais sobre a solicitude das axudas explicando determinados procedementos e trámites como a cumprimentación da memoria de solicitude, o deseño do plan de empresa ou a xustificación técnica e de gastos.
As xornadas son gratuítas e desde o GALP animan a participar a toda persoa con algunha idea de negocio a desenvolver na contorna da ría de Pontevedra.
Para máis información poden chamar ao 604 022 612 ou enviar un correo electrónico a galppontevedra@gmail.com
Ademais destas xornadas presenciais, nas oficinas do GALP situadas no porto de Marín (Departamento de exportadores, 14. Lonxa de Marín.) aténdense as consultas dos promotores, este servizo tamén está dispoñible telefonicamente no 886 213 015
Relacionadas:
-
O GALP destina 773.000 euros ao financiamento de trece proxectos relacionados coa ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
GALP Pontevedra súmase á plataforma Marnoba de ‘Vertidos Cero’
Por Redacción |
-
O GALP Ría de Pontevedra recibe 22 solicitudes para as axudas a proxectos
Por Redacción |
-
Mozos e mozas de Pontevedra coñecen as saídas profesionais que ofrece o mar
Por Redacción |