Preto de oito mil alumnos participaron no 2019 nas actividades de formación de Correos en Pontevedra
Por Sara Iglesias
No ano 2019, Correos realizou diversas accións formativas que se centraron en apoiar o proceso de transformación da compañía para o desenvolvemento dos novos negocios, productos e servizos, e tamén a mellora das capacidades dos seus profesionais. Na provincia de Pontevedra, chégaronse aproximadamente ata as 40.000 horas de formación, coa participación de 7.184 alumnos. O Plan de Formación persegue a capacitación integral de todos os empleados, dentro dun modelo no que o 70% do aprendizaxe lévase a cabo no posto de traballo, o 20% en entornos colaborativos e o 10% fai referencia á formación formal.
A participación a nivel nacional nesta iniciativa foi un 17,60% superior con respecto ao ano anterior.
As diferentes áreas de aprendizaxe están divididas por escolas, que ofrecen aos alumnos e traballadores solucións de formación dependendo do ámbito no que traballan. Estas escolas son: a escola de produtos, onde se pon ao dispor dos empregados todas as solucións de formación sobre os produtos que Correos lanza ao mercado, a Rede de Oficinas, onde reforzouse a atención ao cliente. Na Rede de Distribución melloraron os índices de calidade de entregas e na Rede Loxística destacan os cursos sobre Produtos e Servizos de Correos, e Condución e Mantemento de Carretillas. Deseñouse tamén unha formación con simuladores e realidade virtual 3D dirixida a 350 persoas de Repartición e Axentes de clasificación co fin de mellorar a eficiencia, a redución do consumo enerxético e a seguridade dos traballadores.
A Escola Comercial centrou a súa formación en novos produtos e na implantación do Novo Modelo de Atención ao Cliente, contribuíndo á mellora da facturación e a captación de novos clientes. No ámbito da prevención de riscos e saúde laboral destacou a formación Xestión eficaz de EPI’ s, dirixida a responsables, por contribuír de forma directa a unha prevención efectiva que asegure a seguridade e saúde dos seus empregados.
Dentro do programa da Escola de Liderazgo, o programa '4 Pasos para Liderar' ten o obxectivo de reforzar as habilidades de comunicación do responsable en Correos. A compañía aposta pola transformación dixital e para iso capacita aos seus empregados en competencias dixitais a través do programa 'Soy Digital', que conta xa con preto 14.000 participantes.
Por último, hai que destacar que Correos asinou o primeiro convenio co Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do Instituto Nacional de Cualificacións Profesionais (INCUAL), para a definición e actualización das cualificacións profesionais do sector produtivo loxístico.