Moraña ofrécese a acoller o GES do Ulla-Umia despois da renuncia de Caldas
Por Redacción
A futura localización do Grupo de Emerxencias Supramunicipal segue sendo unha incógnita. Desde que abandonou a súa sede en Valga hai dous meses, a entidade está inactiva e os concellos da comarca na que prestaba servizo discrepan sobre o modo no que reactivala. O Concello de Caldas mostrouse favorable a acollela sempre que os gastos sexan compartidos co resto de municipios nos que actúa e agora, tras a renuncia definitiva do goberno de Rey, é a rexedora de Moraña a que presenta a súa candidatura.
Luisa Piñeiro considera "fundamental" que o servizo se retome "canto antes". A mandataria popular vía con bos ollos o emprazamento de Caldas pero ao descartarse esa opción fixo pública a súa intención de solicitalo formalmente para Moraña. Con todo, antes de adxudicarllo deben incluír a este municipio no ámbito de acción do GES, debido a que ata o de agora estaba excluído.
Neste municipio mantéñense agora á espera de que a Comisión de Seguimento valore a proposta técnica remitida polos traballadores do Concello de Moraña para aprobar retomar o servizo e establecer a base neste municipio.
“Sempre quixen este servizo que, ademais de ser imprescindible para a comarca, acurta enormemente a atención das incidencias no noso concello. Estamos dispostos a asumilo e aínda que teña un custo, mellora a atención aos nosos veciños", declarou a alcaldesa Luísa Piñeiro.
A renuncia para albergar o GES do goberno de Caldas, cabeceira comarcal, Piñeiro asgura que "se basean en escusan peregrinas que só deixan entrever un manexo partidista e electoralista do GES cando creo que o fundamental é prestar o servizo canto antes á cidadanía".
O alcalde socialista de Caldas, Juan Manuel Rey, pediu que fose a Mancomunidade do Ulla-Umia a que financiase o custo deste corpo, algo no que desde Moraña non acaban de ver viable. "A Mancomunidade está inoperativa e sen actividade desde fai máis de cinco anos e atópase en vías de disolución", remata Piñeiro.
Relacionadas:
-
O alcalde de Caldas arremete contra a Xunta tras a sentenza que obriga a Valga a readmitir o persoal do GES
Por Redacción |
-
Moraña acepta a proposta da Xunta e será a nova sede do GES para a comarca do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
"Sorpresa maiúscula" na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Campos di que "a Xunta utiliza as emerxencias como un xoguete político"
Por Redacción |
-
Caldas só adoptará o GES de Valga se o financian os concellos da Mancomunidade do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
Caldas rexeita polo momento acoller o GES de Valga ante as "dúbidas" sobre o seu traslado
Por Redacción |
-
O GES de Valga vaise reubicar en Caldas de Reis
Por Redacción |