501 residentes de Tenorio melloran os seus accesos tras completarse as obras
Por Redacción
Cerdedo-Cotobade xa conta coas obras finalizadas na parroquia de Tenorio que serviron para acondicionar as cunetas e o firme no lugar de Traslamós. Trátase dun traballo orzamentado nunha cifra que supera os 110.00 euros e que afecta de maneira directa a un total de 501 residentes nas aldeas de Traslamós, Calvelo, Covas, Laxe e Castro.
A intención do goberno local, segundo comentaba o alcalde Jorge Cubela que se achegou ata a zona, é seguir reformando as vías do resto de lugares para que se atopen en condicións que permitan a mellor mobilidade entre estes núcleos con habitantes, ao mesmo tempo que se reforza a seguridade.
Os traballos que se realizaron en Traslamós centráronse en limpar as marxes e abrir cunetas, nivelas as caixas de rexistro, eliminar as fochancas e dotar de consistencia ao firme das vías.
A próxima gran actuación prevista nesta zona será a humanización da travesía interior. Vai levarse a cabo este 2020, cun orzamento de 800.000 euros.