María Solar, pregoeira da XXIX Festa do Caldo de Mourente
Por mor da celebración da XXIX Festa do Caldo de Mourente, o presidente da Asociación Veciñal o Castro, Santiago Laya, presentou a edición de este ano. Nesta festa, hónrase ao Caldo Galego, un dos alimentos máis importantes da historia da gastronomía galega.
As celebracións comezarán o sábado día 7 de marzo ás 12:00 horas na Capela de Santa Margarita, coa imposición das medallas aos novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo. A velada estará amenizada polo grupo 'Los Alegres'. Se podrán degustar os ingredientes do caldo que nese momento se estarán elaborando a partir das 13:00 horas no local social de Mourente, acompañado por un viño galego. Haberá un almorzo cos novos cabaleiros e damas da Orde deste ano, na Bodega Arrieiros.
Na madrugada do domingo 8, sobre as 03:00 horas comezarase a elaborar o caldo, para que estea listo ás 11:30 horas e poder comezar a servilo. Ás 12:30 levarase a cabo o recebimento das confrarías invitadas de España e Portugal. Ás 13:00 horas, a presentadora da TVG, María Solar, dará o pregón de esta nova edición.
Para finalizar, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, pechará os actos e a partir das 14:00 horas, haberá actuacións de diferentes grupos musicais, coa correspondente degustación do caldo galego.
O prezo da cunca de caldo é de 2 euros, e a cazola de 5 euros. Todos os asistentes poden levarse de recordo o recipiente. Ademáis, invintarase aos peregrinos acreditados a unha cunca de caldo.