Así será o futuro auditorio de Marín
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, e o edil de Urbanismo, Manuel Santos, presentaron este venres o anteproxecto do Auditorio, o gran proxecto cultural e urbanístico da vila, que será cofinanciado con Fondos Europeos FEDER.
Trátase dun moderno edificio que inclúe un aparcamento subterráneo, con fachada de aceiro en cor gris metalizado con forma de "escamas de peixe" que ocupará unha parcela de dous mil metros cadrados detrás da actual parada do bus fronte á Alameda.
O anteproxecto, deseñado por Naos Arquitectura, propón un auditorio cun patio de butacas de 640 metros cadrados, con 550 localidades e un escenario de 220 metros cadrados. Este espazo poderase dividir con mamparas para adaptalo ás diferentes actividades que leven a cabo.
Inclúe ademais dúas salas anexas de usos múltiples e catro aulas, tres camerinos, unha sala de audiovisuais e un almacén.
Un vestíbulo acristalado vertebrará todos estes espazos.
A alcaldesa destacou que o edificio foi deseño con criterios de sustentabilidade, eficiencia enerxética e integración paisaxística e estivo condicionado polas esixencias que impón o Plan Especial do Porto respecto a os seus volumes, aliñacións ou materiais, entre outros aspectos.
A de Naos Arquitectura foi a proposta mellor puntuada técnica e economicamente de entre as catro opcións que se presentaron.
María Ramallo espera recoller o "mayor apoyo posible" e así llo trasladou a toda a corporación municipal, tendendo a man aos grupos da oposición para recoller as súas suxerencias e así enriquecer o proxecto. Igualmente fará cos diferentes colectivos e asociacións do municipio.
A xunta de goberno adxudicará a próxima semana a redacción do proxecto que contempla un prazo de catro meses para a súa elaboración.
O custo estimado da obra é de 4 millóns de euros que serán financiados con fondos europeos DUSI e a achega da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
A Xunta cofinanciará con 2 millóns de euros á construción do novo Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Haberá colaboración económica da Xunta para financiar o novo auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Presentan o documento que marcará as liñas construtivas do Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Avanzan os trámites administrativos da nova delimitación de espazos e usos do Porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Reunión entre a alcaldesa de Marín e a conselleira de Medio Ambiente para axilizar a construción do Auditorio
Por Redacción |
-
O futuro auditorio de Marín terá capacidade para 550 espectadores e aparcamento soterrado
Por Redacción |